Elexiron ese día dese ano porque se celebraba o centenario da publicación de "Cantares Gallegos" da escritora Rosalía de Castro. Os tres consideraban este libro como unha obra mestra da literatura galega.
Aquel ano homenaxearon á nosa escritora máis universal, Rosalía, e a partires de aí, todos os anos, por esa data, faise homenaxe a unha personalidade que tivera traballado en favor da cultura galega.
Este ano está dedicado a XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE
Nesta páxina do SEMINARIO GALÁN atoparedes moita información e unha morea de actividades relacionadas co personaxe ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
No noso colexio tamén queremos celebrar este día tan especial con varias actividades que nos animen a todos a falar galego e a estar orgullosos da nosa lingua e da nosa cultura.