martes, 2 de decembro de 2014

O CREBANOCES

Día 5 de decembro

O CREBANOCES



Marabilloso espectáculo de títeres coa música de Tchaikovsky interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.


O Crebanoces está baseada no conto"O crebanoces e o rei dos ratos" escrito polo autor alemán E. T. A.Hoffmann, no ano 1816 , onde unha nena recibe polo Nadal un fermoso crebanoces que cobra vida. Xuntos derrotan ao rei dos ratos, vivindo unha fantástica aventura no mundo dos xoguetes.





Pasados uns anos, no 1892, o compositor ruso Tchaikovsky inspírase nesta historia e adáptaa a un ballet que se converteu nun dos máis populares do mundo.





luns, 17 de novembro de 2014

O MAGOSTO

14 de novembro: MAGOSTO NO COLE

Así de ben o pasamos ese día.



Se pinchas nas castañas poderás entrar nunha páxina quen ten moitas actividades e informacións sobre o MAGOSTO

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

mércores, 5 de novembro de 2014

O Samaín


Polo Samaín fixemos algúns traballos para decorar as nosas clases.


Cantamos "Era noite de trebón" do grupo Mamá Cabra



Pasamos algo de medo coa Bruxa Regañadentes.

https://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI


E...tamén participamos cos nosos debuxos no concurso de MONSTROS TERRORÍFICOS.





martes, 4 de novembro de 2014

xoves, 2 de outubro de 2014

Benvidos ao noso blog de terceiro!

 Aquí poderemos ver o máis interesante que nos vai pasando neste novo curso. Tamén teremos informacións importantes, xogos educativos e moitas cousas máis.