xoves, 21 de xaneiro de 2016



28 de xaneiro

https://www.youtube.com/watch?v=i3Uyhi2O4O8

NO FORUM METROPOLITANO

Representada pola compañía de comediantes LA BALDUFA

Un pequeno recordo dese día:


 


Un enlace para practicar a canción (baseada na Sinfonía Novo Mundo de Antonín Dvorak) da clase de MÚSICA.

martes, 12 de xaneiro de 2016

30 de xaneiro

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
  

(Abrazo do pintor Romero Britto)


Este ano no CEIP María Pita celebrarémolo cunha chea de abrazos!!!

E tod@s xunt@s cantaremos "Apertas que voan" de Paco Nogueiras
 

   Mans brancas e cara negra,
   teño os beizos vermellos.
   Teño sentimentos novos,
   ai, teño sentimentos vellos.

   Mans negras e cara branca,
   teño o meu peito cheo
   de bicos e de sorrisos,
   de apertas que voan no vento.

Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en deixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.

Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
 

Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.

 Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.

RETROUSO
 Porque ti es meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es meu amigo,
distinto e igual á vez.


 Porque ti es miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es miña amiga,
distinta e igual á vez.



Lembremos o día da Paz do 2015