xoves, 9 de abril de 2015

14 de Abril:Visita ao

MUSEO DE BELAS ARTES

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=192

Neste museo está a exposición "El primer Picasso" 


Picasso naceu na cidade de Málaga no ano 1881.  O seu pai, José Ruiz Blasco, foi a un tempo artista, profesor de arte e primeiro mestre de Picasso. A figura do seu  pai foi definitiva para a súa aprendizaxe. Xa nos seus primeiros debuxos infantís feitos a lapis, Picasso amosa unha  marabillosa capacidade infantil de observación e un trazo espontáneo e seguro, pouco común para un neno da súa idade.



Cando tiña 10 años, a súa familia trasládase a A Coruña. Aquí continúa cos seus estudos de arte e tanto o seu pai, como su nai, María Picasso, lle brindan todo o seu estímulo, confianza e apoio.
 
 








  



Picasso está considerado o artista máis importante do século XX e un dos que máis influiron no desenvolvemento da arte moderna. Revolucinou, non só a pintura, o debuxo, a escultura e a cerámica, senón a forma na que as persoas apreciarían no futuro a arte. Hai máis de 1500 obras súas en museos de todo o mundo.



Hai varios períodos que marcaron a súa carreira artística, entre eles están:

Período azul: Realizou obras nas que utilizaba os tonos azuis. Case todas elas indican moita tristura. Nestes cadros amosa figuras alongadas de mendigos e  personaxes da rúa.



Período rosa: Picasso entra nun período máis ledo e pinta escenas de pallasos e circos, cun colorido máis brillante e onde a cor rosa está presente.





Período cubista: Busca unha pintura pura e comeza a observar os obxetos de modo intelectual e ao pintalos utiliza as  figuras xeométricas básicas.




Período surrealista: Nesta época usa as formas distorsionadas, representa seres deformados e mitolóxicos.


Período expresionista: O cadro máis representativo desta época é o Guernica, que é un dos máis coñecidos do pintor. Nel amosa o seu repudio pola guerra e terror que sentíu a poboación civil durante o bombardeo aéreo do exército alemán contra a localidade de Guernica.


Biografía completa deste xenial pintor.


https://www.youtube.com/watch?v=9b8vGerhpNg
"Todo niño es un artista. El problema es cómo seguir siendo artista cuando uno crece."

                                       (Pablo Picasso)

Máis información sobre a exposición

Páxinas para colorear