14 de Abril:Visita ao
MUSEO DE BELAS ARTES
Picasso está considerado o artista máis importante do século XX e un dos que máis influiron no desenvolvemento da arte moderna. Revolucinou, non só a pintura, o debuxo, a escultura e a cerámica, senón a forma na que as persoas apreciarían no futuro a arte. Hai máis de 1500 obras súas en museos de todo o mundo.
Hai varios
períodos que marcaron a súa carreira artística, entre eles están:
Biografía completa deste xenial pintor.
(Pablo Picasso)
Máis información sobre a exposición
Páxinas para colorear
Neste museo está a exposición "El primer Picasso"
Picasso
naceu na cidade de Málaga no ano 1881. O seu pai, José Ruiz Blasco, foi a
un tempo artista, profesor de arte e primeiro mestre de Picasso. A figura do
seu pai foi definitiva para a súa
aprendizaxe. Xa nos seus primeiros debuxos infantís feitos a lapis, Picasso
amosa unha marabillosa capacidade
infantil de observación e un trazo espontáneo e seguro, pouco común para un
neno da súa idade.
Cando
tiña 10 años, a súa familia trasládase a A Coruña. Aquí continúa cos seus
estudos de arte e tanto o seu pai, como su nai, María Picasso, lle brindan todo
o seu estímulo, confianza e apoio.
Picasso está considerado o artista máis importante do século XX e un dos que máis influiron no desenvolvemento da arte moderna. Revolucinou, non só a pintura, o debuxo, a escultura e a cerámica, senón a forma na que as persoas apreciarían no futuro a arte. Hai máis de 1500 obras súas en museos de todo o mundo.
Período
azul: Realizou obras nas
que utilizaba os tonos azuis. Case todas elas indican moita tristura. Nestes cadros amosa figuras alongadas de mendigos e personaxes da rúa.
Período
rosa: Picasso entra nun
período máis ledo e pinta escenas de pallasos e circos, cun colorido máis
brillante e onde a cor rosa está presente.
Período
cubista: Busca
unha pintura pura e comeza a observar os obxetos de modo intelectual e ao pintalos utiliza as
figuras xeométricas básicas.
Período
surrealista: Nesta
época usa as formas distorsionadas, representa seres deformados e mitolóxicos.
Período
expresionista: O cadro máis representativo desta época é o Guernica, que é un dos máis coñecidos do pintor. Nel amosa o seu repudio pola
guerra e terror que sentíu a poboación civil durante o bombardeo aéreo do exército alemán contra a localidade de Guernica.
"Todo niño es un artista. El problema es cómo seguir siendo artista cuando
uno crece."
(Pablo Picasso)
Máis información sobre a exposición
Páxinas para colorear
Ningún comentario:
Publicar un comentario