domingo, 26 de xuño de 2016

martes, 3 de maio de 2016

2016

O 17 de maio os galegos estamos de festa, xa que celebramos o día das nosas letras, da nosa lingua. Desexamos que se siga festexando moitos anos máis!!!


Este ano dedicado a Manuel María

https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa

MANUEL MARÍA (Outeiro de Rei 1929- A Coruña 2004)

Este escritor foi un gran defensor da cultura galega e ademais un dos autores que publicou máis libros no noso idioma. Escribiu tanto para nenos coma para maiores. É autor de poesías, de ensaios, de obras de teatro e centos de artigos para xornais e revistas. Ademais foi membro da Real Academia Galega.
Ao longo da súa vida recibiu importantes premios e homenaxes, xa que foi moi valorado pola súa aportación á nosa literatura e á nosa cultura en xeral. Por todo isto, a Real Academia Galega, lle dedica o Día das Letras Galegas 2016.
...
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galiza 
en ti tes que atopala.
                                                                                    ("Galicia" de Manuel María)



Moitos dos poemas de Manuel María foron musicados por diferentes cantantes, convertíndose o escritor nun dos poetas galegos máis cantado de todos os tempos.
Aquí tedes algúns exemplos:

 
 
 
Información e actividades do SEMINARIO GALÁN 






mércores, 27 de abril de 2016

2 e 3 de maio

VISITA Á TORRE DE HÉRCULES
 
Na nosa cidade érguese un dos monumentos máis representativo da historia  galega de todos os tempos. É a Torre de Hércules, que está situada entre a ensenada do Orzán e o golfo Ártabro. Un edificio que dende hai centos de anos  leva guiado aos miles de barcos que  teñen entrado na cidade de A Coruña. É o faro máis antigo de Europa que aínda segue prestando servizo aos navegantes actuais. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 27 de xuño do ano 2009.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Torre_de_H%C3%A9rcules

Conta a lenda que Hércules, fillo de Zeus, venceu ao  xigante Xerión, que  gobernaba vilmente a comarca. Unha vez vencido decapitouno, e no lugar onde soterrou a cabeza construíu un túmulo sobre o que acendeu un facho. Neste lugar funda a ciudade, á que lle puxo o nome da primeira persoa que se achegou a el, que se chamaba Coruña.

http://www.turismoenxebre.com/2009_05_15_archive.html

xoves, 14 de abril de 2016






O día 23 de abril do ano 1616 morren os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. É por este motivo que, esta data tan simbólica para a literatura universal, fora elexida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir homenaxe aos libros e aos seus autores e tamén para animar a todos a descubrir o pracer da lectura.
Este ano, ademais, coincide que se cumpren os 400 anos da morte dos autores xa citados.

Cervantes e Shakespeare tiveron unhas vidas bastante paralelas. Para saber máis sobre isto pinchade AQUÍ
 
Miguel de Cervantes Saavedra é o autor español máis importante e coñecido de todos os nosos escritores e súa obra máis lida en todo o mundo é "Don Quixote".

Estes son algúns enlaces para que  coñezades máis sobre este libro e os seus personaxes:

INFORMACIÓN E OUTRAS ACTIVIDADES

TRIVIAL

VÍDEO

DEBUXOS PARA COLOREAR

XOGO
 

venres, 1 de abril de 2016

6 DE ABRIL

NO PAZO DA ÓPERA 


 BALLET DON QUIXOTE 

Para conmemorar o 400 aniversario da morte do escritor insignia da literatura española, Miguel de Cervantes Saavedra, a Orquestra Sinfónica de Galicia, xunto co Ballet Norte, tráennos una adaptación do afamado ballet Don Quixote. Poderemos ver o famoso cabaleiro Don Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho Panza, así como desfrutar das historias que se van tecendo neste ballet, baseado nos capítulos XIX-XXI do segundo libro da coñecida novela de Cervantes “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”.



O autor da obra na que se basea o espectáculo: Miguel de Cervantes




O compositor da música: Ludwig Minkus (Tamén chamado Léon Fiódorovich Minkus)



O coreógrafo e libretista: Marius Petipa


Os intérpretes: 

-      Orquestra Sinfónica de Galicia e o director José María Moreno



-      Ballet Norte e a súa directora Mercedes Suárez

A compañía Ballet Norte está formada por doce bailaríns de diferentes nacionalidades, sendo a maioria deles de orixe galega.
No ano 2015 realizou en coprodución co CCG (Centro Coreográfico Galego) o espectáculo “ATLÁNTICA”.
Realizou tamén coa OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia) a produción didáctica “O Lago dos cisnes” representada no Pazo da Ópera, así como “O Quebranoces” e “A Bela Adormecida”, ámbalas dúas producións do CCG.
O Quixote é a produción na que traballan na actualidade e que veremos representado xunto cao OSG.
 


O ballet completo de Don Quixote presenta unha duración aproximada de 2h. Para este concerto que nos ocupa, os intérpretes realizarán unha adaptación do mesmo, que xira en torno aos 40 minutos. Para iso, suprimíronse algunas partes, pero sempre mantendo o fío argumental xeral da obra e tentando presentar a trama o máis amena e entretida posible.

Este ballet, aínda que está baseado na libro de Cervantes, non conserva os roles dos personaxes do libro de Cervantes. Quere dicir isto que Don Quixote non é o protagonista nesta historia (si unha especia de heroe que loita polo ben), senón que son Quiteria e Basilio e a súa historia amorosa.


O argumento:

Na praza dun pobo hai unha festa. Alí, unha fermosa moza, Quiteria, está falando con Basilio, un mozo forte e moi simpático, pero moi pobre. Quiteria quere casar con el, pero o seu pai non a deixa, e prefire que case con Camacho, un mozo rico do pobo. Cando están a piques de casar  Quiteria e Camacho, aparecen Don Quixote e Sancho Panza para axudar a Quiteria e a Basilio e que poidan casar e ser felices. Cando o conseguen, Don Quixote e Sancho seguen o seu camiño na búsqueda de máis aventuras.