O CREBANOCES
Marabilloso espectáculo de títeres coa música de Tchaikovsky interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.
O Crebanoces está baseada no conto"O crebanoces e o rei dos ratos" escrito polo autor alemán E. T. A.Hoffmann, no ano 1816 , onde
unha nena recibe polo Nadal un fermoso crebanoces que cobra vida. Xuntos
derrotan ao rei dos ratos, vivindo unha fantástica aventura no
mundo dos xoguetes.
Pasados uns anos, no 1892, o compositor ruso Tchaikovsky inspírase nesta historia e adáptaa a un ballet que se converteu nun dos máis
populares do mundo.