mércores, 18 de marzo de 2015

Día 20 de marzo 
 Eclipse solar



Unha eclipse solar ou eclipse de sol ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñados, quedando a Lúa no medio. Visto desde a Terra, a Lúa queda en fronte do Sol e así parte ou toda a luz do Sol é encuberta pola Lúa.


A eclipse non se poderá ver moi ben en España, porque será parcial e ademaos estará nubrado e iso non permitirá aprecialo ben.
No noso país o fenómenos comezará nas Illas Canarias ás oito menos cuarto, aproximadamente e rematará entre as once e as once e media da mañá.
http://www.elmundo.es/ciencia/2015/03/03/54f4adbb22601d25338b456b.html
APRENDEMOS E XOGAMOS CON RUÍÑA

O 17 e 18 de marzo tivemos a oportunidade de aprender e recordar como debemos facer para ter as rúas da nosa cidade completamente limpas e ser uns bos cidadáns. Ademais de aprender poidemos divertirnos moito xogando da man da mascota Ruíña.

 

domingo, 15 de marzo de 2015

LECTURA NA BIBLIOTECA



Este libro está escrito por Antón Fortes e ilustrado por Simona Mulazzani.

Neste álbum abórdase o grave problema da sida en Guinea Bissau, que afecta unha alta porcentaxe da poboación infantil.
En pleno entroido de Bissau, na vida da pequena protagonista fai acto de presenza a máscara da morte e con ela o medo. No entanto, esta terrible figura é contrarrestada cos coidados e alento do doutor Vieira.
 Ten flores verdes, ás veces amarelas, e unhas froitas vermellas que se comen. Sempre lle pregunto cándo vou curar, para non ir máis ao hospital. As follas abanean co vento… Parecen dicir: Axiña…, axiña…!

A AUGA



Nestes enlaces atoparedes informacións para repasar o tema da auga:

O ciclo da auga 

Os ríos

Partes do ríos

Xogo

Documental

Coidado da auga 

Uso responsable da auga