LECTURA NA BIBLIOTECA
Este libro está escrito por Antón Fortes e ilustrado por Simona Mulazzani.
Neste álbum abórdase o grave problema da sida en Guinea Bissau, que afecta unha alta porcentaxe da poboación infantil.
En pleno entroido de Bissau, na vida da pequena protagonista fai acto de
presenza a máscara da morte e con ela o medo. No entanto, esta terrible
figura é contrarrestada cos coidados e alento do doutor Vieira.
Ten flores verdes, ás veces amarelas, e unhas froitas
vermellas que se comen. Sempre lle pregunto cándo vou curar, para non ir
máis ao hospital. As follas abanean co vento… Parecen dicir: Axiña…,
axiña…!
Ningún comentario:
Publicar un comentario