luns, 13 de maio de 2019



ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS


A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
Este ano a persoa homenaxeada é Antón Fraguas Fraguas.

Para coñecer a VIDA e a OBRA deste importante personaxe da cultura galega pincha nas palabras en maiúscula. 


luns, 25 de marzo de 2019

27 DE MARZO

ENCONTRO COA ESCRITORA MARÍA CANOSA

Despois de ter lido "A cazadora de estrelas" temos a oportunidade de coñecer á súa autora.
Para saber un pouco da súa vida e da súas obras pinchade AQUÍ

mércores, 27 de febreiro de 2019

domingo, 17 de febreiro de 2019

martes, 29 de xaneiro de 2019

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ



“O Día Escolar da Non violencia e a Paz” (DENIP), coñecido tamén como o “Día Internacional da Non violencia e a Paz” iniciouse no ano 1964 e o seu promotor foi o poeta, educador e pacifista español  LLORENÇ VIDAL. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Celébrase todos os anos o 30 de xaneiro nas escolas de todo o mundo para conmemorar o aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, acadou a independencia da India, o seu país natal.



Humildemente me esforzaré
en amar,
en decir la verdad,
en ser honesto y puro,
en no poseer nada que no me sea necesario,
en ganarme el sueldo con el trabajo,
en estar atento siempre a lo que como y bebo,
en no tener nunca miedo,
en respetar las creencias de los demás,
en buscar siempre lo mejor para todos,
en ser un hermano para todos mis hermanos.(Mahatma Gandhi)




CANCIÓNS PARA A PAZ 








    
MÁIS CANCIÓNS DE PAZ









              UN CONTO PARA FACER A PAZ