luns, 21 de decembro de 2015
venres, 4 de decembro de 2015
xoves, 12 de novembro de 2015
venres, 6 de novembro de 2015
xoves, 15 de outubro de 2015
VISITA AO PLANETARIO E
Á CASA DAS CIENCIAS
(22 de outubro)
Na Casa das Ciencias, ademais de visitar o Planetario, podemos ver as exposicións, experimentar coa ciencia, divertirnos cos xogos interactivos, despertar a curiosidade polos fenómenos físicos...
No Planetario podemos viaxar imaxinariamente polo espazo, ampliar os nosos coñecementos sobre o universo, saber máis sobre astronomía e aprender a mirar o ceo.
mércores, 30 de setembro de 2015
Xa estamos en 4º!!!
Empezamos un novo curso e agora é un bo momento para propoñernos novos retos, metas un pouco máis altas: aprender moitas cousas, coller hábitos que nos axuden a aproveitar mellor o tempo, pero sobre todo aprender a respectarnos os uns aos outros, a cooperar e a ser mellores persoas.
Ánimo, entre todos poderemos conseguilo!!!
luns, 22 de xuño de 2015
luns, 15 de xuño de 2015
luns, 1 de xuño de 2015
4 DE XUÑO
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
CONCERTO DIDÁCTICO ORGANIZADO POLA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
Os de monicreques de Kukas e Zoar Ensamble (quinteto de vento clásico) escollen a ópera de Mozart para crear unha obra na que usan os monicreques de fíos para representar as principais escenas da famosa ópera "A Frauta Máxica".
mércores, 6 de maio de 2015
17 DE MAIO
Foi en 1963 cando tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) tiveron a idea de que se declarase o día 17 de maio como "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
Elexiron ese día dese ano porque se celebraba o centenario da publicación de "Cantares Gallegos" da escritora Rosalía de Castro. Os tres consideraban este libro como unha obra mestra da literatura galega.
Aquel ano homenaxearon á nosa escritora máis universal, Rosalía, e a partires de aí, todos os anos, por esa data, faise homenaxe a unha personalidade que tivera traballado en favor da cultura galega.
Este ano está dedicado a XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE
Nesta páxina do SEMINARIO GALÁN atoparedes moita información e unha morea de actividades relacionadas co personaxe ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
No noso colexio tamén queremos celebrar este día tan especial con varias actividades que nos animen a todos a falar galego e a estar orgullosos da nosa lingua e da nosa cultura.
AQUÍ está a canción que cantaremos todos.
ESTA é a versión con letra.
xoves, 9 de abril de 2015
14 de Abril:Visita ao
MUSEO DE BELAS ARTES
Picasso está considerado o artista máis importante do século XX e un dos que máis influiron no desenvolvemento da arte moderna. Revolucinou, non só a pintura, o debuxo, a escultura e a cerámica, senón a forma na que as persoas apreciarían no futuro a arte. Hai máis de 1500 obras súas en museos de todo o mundo.
Hai varios
períodos que marcaron a súa carreira artística, entre eles están:
Biografía completa deste xenial pintor.
(Pablo Picasso)
Máis información sobre a exposición
Páxinas para colorear
Neste museo está a exposición "El primer Picasso"
Picasso
naceu na cidade de Málaga no ano 1881. O seu pai, José Ruiz Blasco, foi a
un tempo artista, profesor de arte e primeiro mestre de Picasso. A figura do
seu pai foi definitiva para a súa
aprendizaxe. Xa nos seus primeiros debuxos infantís feitos a lapis, Picasso
amosa unha marabillosa capacidade
infantil de observación e un trazo espontáneo e seguro, pouco común para un
neno da súa idade.
Cando
tiña 10 años, a súa familia trasládase a A Coruña. Aquí continúa cos seus
estudos de arte e tanto o seu pai, como su nai, María Picasso, lle brindan todo
o seu estímulo, confianza e apoio.
Picasso está considerado o artista máis importante do século XX e un dos que máis influiron no desenvolvemento da arte moderna. Revolucinou, non só a pintura, o debuxo, a escultura e a cerámica, senón a forma na que as persoas apreciarían no futuro a arte. Hai máis de 1500 obras súas en museos de todo o mundo.
Período
azul: Realizou obras nas
que utilizaba os tonos azuis. Case todas elas indican moita tristura. Nestes cadros amosa figuras alongadas de mendigos e personaxes da rúa.
Período
rosa: Picasso entra nun
período máis ledo e pinta escenas de pallasos e circos, cun colorido máis
brillante e onde a cor rosa está presente.
Período
cubista: Busca
unha pintura pura e comeza a observar os obxetos de modo intelectual e ao pintalos utiliza as
figuras xeométricas básicas.
Período
surrealista: Nesta
época usa as formas distorsionadas, representa seres deformados e mitolóxicos.
Período
expresionista: O cadro máis representativo desta época é o Guernica, que é un dos máis coñecidos do pintor. Nel amosa o seu repudio pola
guerra e terror que sentíu a poboación civil durante o bombardeo aéreo do exército alemán contra a localidade de Guernica.
"Todo niño es un artista. El problema es cómo seguir siendo artista cuando
uno crece."
(Pablo Picasso)
Máis información sobre a exposición
Páxinas para colorear
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)