mércores, 6 de maio de 2015

17 DE MAIO



Foi en 1963 cando tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) tiveron a idea de que se declarase o día 17 de maio como "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".

Elexiron ese día dese ano porque se celebraba o centenario da publicación de "Cantares Gallegos" da escritora Rosalía de Castro. Os tres consideraban este libro como unha obra mestra da literatura galega. 

https://www.youtube.com/watch?v=m9Z-rxePSM8


Aquel ano homenaxearon á nosa escritora máis universal, Rosalía, e a partires de aí, todos os anos, por esa data, faise homenaxe a unha personalidade que tivera traballado en favor da cultura galega.


Este ano está dedicado a XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

http://academia.gal/letras-actual#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?

Nesta páxina do SEMINARIO GALÁN atoparedes moita información e unha morea de actividades relacionadas co personaxe ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

No noso colexio tamén queremos celebrar este día tan especial con varias actividades que nos animen a todos a falar galego e a estar orgullosos da nosa lingua e da nosa cultura.

AQUÍ está a canción que cantaremos todos.

ESTA é a versión con letra.