6 DE ABRIL
NO PAZO DA ÓPERA
BALLET DON QUIXOTE
Para
conmemorar o 400 aniversario da morte do escritor insignia da literatura
española, Miguel de Cervantes Saavedra, a Orquestra Sinfónica de Galicia, xunto
co Ballet Norte, tráennos una adaptación do afamado ballet Don Quixote.
Poderemos ver o famoso cabaleiro Don Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho
Panza, así como desfrutar das historias que se van tecendo neste ballet,
baseado nos capítulos XIX-XXI do segundo libro da coñecida novela de Cervantes “El
ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”.
O autor da obra na que se basea o
espectáculo: Miguel de
Cervantes
O compositor da música: Ludwig
Minkus (Tamén chamado Léon Fiódorovich Minkus)
O coreógrafo e libretista: Marius Petipa
Os intérpretes:
-
Orquestra Sinfónica de Galicia e o director José
María Moreno
- Ballet Norte e a súa directora
Mercedes Suárez
A compañía
Ballet Norte está formada por doce bailaríns de diferentes nacionalidades,
sendo a maioria deles de orixe galega.
No ano 2015
realizou en coprodución co CCG (Centro Coreográfico Galego) o espectáculo
“ATLÁNTICA”.
Realizou tamén
coa OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia) a produción didáctica “O Lago dos
cisnes” representada no Pazo da Ópera, así como “O Quebranoces” e “A Bela Adormecida”,
ámbalas dúas producións do CCG.
O Quixote é a produción na que traballan na actualidade e que veremos representado
xunto cao OSG.
O ballet completo de Don
Quixote presenta unha duración aproximada de 2h. Para este concerto que nos
ocupa, os intérpretes realizarán unha adaptación do mesmo, que xira en torno aos
40 minutos. Para iso, suprimíronse algunas partes, pero sempre mantendo o fío argumental
xeral da obra e tentando presentar a trama o máis amena e entretida posible.
Este ballet, aínda
que está baseado na libro de Cervantes, non conserva os roles dos personaxes do
libro de Cervantes. Quere dicir isto que Don Quixote non é o protagonista nesta
historia (si unha especia de heroe que loita polo ben), senón que son Quiteria
e Basilio e a súa historia amorosa.
O argumento:
Na praza dun pobo hai
unha festa. Alí, unha fermosa moza, Quiteria, está falando con Basilio, un mozo
forte e moi simpático, pero moi pobre. Quiteria quere casar con el, pero o seu
pai non a deixa, e prefire que case con Camacho, un mozo rico do pobo. Cando
están a piques de casar Quiteria e
Camacho, aparecen Don Quixote e Sancho Panza para axudar a Quiteria e a Basilio
e que poidan casar e ser felices. Cando o conseguen, Don Quixote e Sancho
seguen o seu camiño na búsqueda de máis aventuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario