2016
O 17 de maio os galegos estamos de festa, xa que celebramos o día das nosas letras, da nosa lingua. Desexamos que se siga festexando moitos anos máis!!!
Este ano dedicado a Manuel María
MANUEL MARÍA (Outeiro de Rei 1929- A Coruña 2004)
Este escritor foi un gran defensor da cultura galega e ademais un dos autores que publicou máis libros no noso idioma. Escribiu tanto para nenos coma para maiores. É autor de poesías, de ensaios, de obras de teatro e centos de artigos para xornais e revistas. Ademais foi membro da Real Academia Galega.
Ao longo da súa vida recibiu importantes premios e homenaxes, xa que foi moi valorado pola súa aportación á nosa literatura e á nosa cultura en xeral. Por todo isto, a Real Academia Galega, lle dedica o Día das Letras Galegas 2016.
...
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala.
("Galicia" de Manuel María)
Moitos dos poemas de Manuel María foron musicados por diferentes cantantes, convertíndose o escritor nun dos poetas galegos máis cantado de todos os tempos.
Aquí tedes algúns exemplos:
Información e actividades do SEMINARIO GALÁN
Máis información e actividades COORDINADORA DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA
Outras informacións: CASA MUSEO DE MANUEL MARÍA REAL ACADEMIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario