O 5 de xuño celébrase oDía Mundial do Medio Ambiente co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación aos temas
ambientais. O tema deste ano 2020 é a Biodiversidade ou variedade de seres vivos que hai no noso planeta.
ODÍA DAS LETRAS GALEGAS FOI INSTITUÍDO POLA REAL ACADEMIA GALEGA PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DA EDICIÓN DO LIBRO "CANTARES GALLEGOS", DE ROSALÍA DE CASTRO. CADA 17 DE MAIO HOMENAXÉASE A UN ESCRITOR OU ESCRITORA QUE DEFENDERA O NOSO IDIOMA E A NOSA CULTURA. ESTE ANO O AUTOR HOMENAXEADO É RICARDO CARVALHO CALERO.
O día 23 de abril celébrase internacionalmente o Día do Libro porque nesta data faleceron dous grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
O obxectivo deste día é homenaxear ao libro, aos seus autores e fomentar o gusto pola lectura.
Como ben sabedes, durante un tempo non poderemos asistir á escola e teremos que facer o posible para seguir aprendendo desde a casa. Tedes algunhas tarefas na web do colexio Maria Pita.
Polo momento, son tarefas de repaso porque xa rematáramos os contidos do 2º trimestre.
Nas seguintes ligazóns atoparedes máis actividades para repasar.