venres, 23 de xaneiro de 2015

EXTRAORDINARIO CONCERTO

29 DE XANEIRO PAZO DA ÓPERA
 


Marabilloso espectáculo musical no que se xuntan un relato moi imaxinativo da escritora Paula Carballeira coa música  da Orquestra Sinfónica de Galicia e os sons de Hércules Brass Quinteto de metais.

Esta é a historia duns músicos e unha bruxa.
Dunha viaxe e dunha aprendizaxe.

A historia comeza cando unha Bruxa, chamada Anónima, atopa a un  Quinteto de vento e metal. O Quinteto estaba triste, desafinaba, non atopaba o seu lugar no mundo. Polos camiños de Europa foron enfrontando os seus medos...

http://es.wikipedia.org/wiki/Paula_Carballeira
 Paula Carballeira


http://es.wikipedia.org/wiki/Orquesta_Sinf%C3%B3nica_de_Galicia
  Orquestra Sinfónica de Galicia


https://www.youtube.com/watch?v=A6HFg17ZTQY
Hércules Brass Quinteto

Temas que interpretarán:






Libertango de A. Piazolla

Recordo dese día

xoves, 1 de xaneiro de 2015


Moi ben o pasamos na festa de nadal.
Festa de Nadal



Visitamos a Biblioteca do noso cole.

martes, 2 de decembro de 2014

O CREBANOCES

Día 5 de decembro

O CREBANOCES



Marabilloso espectáculo de títeres coa música de Tchaikovsky interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.


O Crebanoces está baseada no conto"O crebanoces e o rei dos ratos" escrito polo autor alemán E. T. A.Hoffmann, no ano 1816 , onde unha nena recibe polo Nadal un fermoso crebanoces que cobra vida. Xuntos derrotan ao rei dos ratos, vivindo unha fantástica aventura no mundo dos xoguetes.





Pasados uns anos, no 1892, o compositor ruso Tchaikovsky inspírase nesta historia e adáptaa a un ballet que se converteu nun dos máis populares do mundo.





luns, 17 de novembro de 2014

O MAGOSTO

14 de novembro: MAGOSTO NO COLE

Así de ben o pasamos ese día.



Se pinchas nas castañas poderás entrar nunha páxina quen ten moitas actividades e informacións sobre o MAGOSTO

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

xoves, 6 de novembro de 2014

mércores, 5 de novembro de 2014

O Samaín


Polo Samaín fixemos algúns traballos para decorar as nosas clases.


Cantamos "Era noite de trebón" do grupo Mamá Cabra



Pasamos algo de medo coa Bruxa Regañadentes.

https://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI


E...tamén participamos cos nosos debuxos no concurso de MONSTROS TERRORÍFICOS.





martes, 4 de novembro de 2014