Para ter moita información sobre o Entroido pinchade AQUÍ e AQUÍ
Entroido
domingo, 15 de febreiro de 2015
mércores, 4 de febreiro de 2015
NA BIBLIOTECA
Recordo do día que fomos á biblioteca para escoitar unha bonita historia que nos leron unhas alumnas de 5º curso.
TRABALLOS POLA PAZ E CELEBRACIÓN
Para conmemorar o Día da Paz os alumnos e alumnas de 3º realizamos distintas actividades. Esta é unha mostra dos nosos traballos.
mércores, 28 de xaneiro de 2015
30 DE XANEIRO "DÍA DA PAZ"

“O Día Escolar da Non violencia e a Paz” (DENIP), coñecido
tamén como o “Día Internacional da Non violencia e a Paz” iniciouse no ano 1964
e o seu promotor foi o poeta, educador e pacifista español LLORENÇ VIDAL. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Celébrase todos os anos o 30 de xaneiro nas escolas de todo o
mundo para conmemorar o aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, o home que
coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, acadou a
independencia da India, o seu país natal.
Humildemente me esforzaré
en amar,
en decir la verdad,
en ser honesto y puro,
en no poseer nada que no me sea necesario,
en ganarme el sueldo con el trabajo,
en estar atento siempre a lo que como y bebo,
en no tener nunca miedo,
en respetar las creencias de los demás,
en buscar siempre lo mejor para todos,
en ser un hermano para todos mis hermanos.(Mahatma Gandhi)
Para saber máis AQUÍ tedes as biografías dalgúns grandes personaxes que
fixeron cousas importantes en favor da paz .
MÁIS CANCIÓNS DE PAZ
UN CONTO PARA FACER A PAZ
UNHA CANCIÓN PARA A PAZ
MÁIS CANCIÓNS DE PAZUN CONTO PARA FACER A PAZ
venres, 23 de xaneiro de 2015
EXTRAORDINARIO CONCERTO
29 DE XANEIRO PAZO DA ÓPERA
Marabilloso espectáculo musical no que se xuntan un relato moi imaxinativo da escritora Paula Carballeira coa música da Orquestra Sinfónica de Galicia e os sons de Hércules Brass Quinteto de metais.
Esta é a historia duns músicos e unha bruxa.
Dunha viaxe e dunha aprendizaxe.
A historia comeza cando unha Bruxa, chamada Anónima, atopa a un Quinteto de vento e metal. O Quinteto estaba triste, desafinaba, non atopaba o seu lugar no mundo. Polos camiños de Europa foron enfrontando os seus medos...
Paula Carballeira
Orquestra Sinfónica de Galicia
Hércules Brass Quinteto
Temas que interpretarán:
martes, 2 de decembro de 2014
O CREBANOCES
Día 5 de decembro
O CREBANOCES
Marabilloso espectáculo de títeres coa música de Tchaikovsky interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.
O CREBANOCES
Marabilloso espectáculo de títeres coa música de Tchaikovsky interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.
O Crebanoces está baseada no conto"O crebanoces e o rei dos ratos" escrito polo autor alemán E. T. A.Hoffmann, no ano 1816 , onde
unha nena recibe polo Nadal un fermoso crebanoces que cobra vida. Xuntos
derrotan ao rei dos ratos, vivindo unha fantástica aventura no
mundo dos xoguetes.
Pasados uns anos, no 1892, o compositor ruso Tchaikovsky inspírase nesta historia e adáptaa a un ballet que se converteu nun dos máis
populares do mundo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









