martes, 12 de xaneiro de 2016

30 de xaneiro

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
  

(Abrazo do pintor Romero Britto)


Este ano no CEIP María Pita celebrarémolo cunha chea de abrazos!!!

E tod@s xunt@s cantaremos "Apertas que voan" de Paco Nogueiras
 

   Mans brancas e cara negra,
   teño os beizos vermellos.
   Teño sentimentos novos,
   ai, teño sentimentos vellos.

   Mans negras e cara branca,
   teño o meu peito cheo
   de bicos e de sorrisos,
   de apertas que voan no vento.

Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en deixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.

Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
 

Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.

 Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.

RETROUSO
 Porque ti es meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es meu amigo,
distinto e igual á vez.


 Porque ti es miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es miña amiga,
distinta e igual á vez.



Lembremos o día da Paz do 2015

 

luns, 21 de decembro de 2015


                             E



COAS NOSAS  POSTAIS

 

 OS PREMIOS E A FESTA DE NADAL

 



 

xoves, 12 de novembro de 2015

MUNCYT 
 
Se queredes saber que actividades organiza o Museo da Ciencia e a Tecnoloxía pinchade na foto.

http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.bf4d937ac7211fe03b40824c01432ea0/?vgnextoid=9ec5e42baddea410VgnVCM1000001d04140aRCRD&day=12&month=-2&year=2016&period=2&aux=0

venres, 6 de novembro de 2015


LECTURA NA BIBLIOTECA (6-11-15)
 
"E que podo facer eu?"
 Precioso libro que nos fala de como se pode axudar aos demais.