domingo, 15 de marzo de 2015

LECTURA NA BIBLIOTECA



Este libro está escrito por Antón Fortes e ilustrado por Simona Mulazzani.

Neste álbum abórdase o grave problema da sida en Guinea Bissau, que afecta unha alta porcentaxe da poboación infantil.
En pleno entroido de Bissau, na vida da pequena protagonista fai acto de presenza a máscara da morte e con ela o medo. No entanto, esta terrible figura é contrarrestada cos coidados e alento do doutor Vieira.
 Ten flores verdes, ás veces amarelas, e unhas froitas vermellas que se comen. Sempre lle pregunto cándo vou curar, para non ir máis ao hospital. As follas abanean co vento… Parecen dicir: Axiña…, axiña…!

A AUGA



Nestes enlaces atoparedes informacións para repasar o tema da auga:

O ciclo da auga 

Os ríos

Partes do ríos

Xogo

Documental

Coidado da auga 

Uso responsable da auga

sábado, 21 de febreiro de 2015

domingo, 15 de febreiro de 2015

mércores, 4 de febreiro de 2015

NA BIBLIOTECA

Recordo do día que fomos á biblioteca para escoitar unha bonita historia que nos leron unhas alumnas de 5º curso.

TRABALLOS POLA PAZ E CELEBRACIÓN

Para conmemorar o Día da Paz os alumnos e alumnas de 3º realizamos distintas actividades. Esta é unha mostra dos nosos traballos.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

30 DE XANEIRO "DÍA DA PAZ"


“O Día Escolar da Non violencia e a Paz” (DENIP), coñecido tamén como o “Día Internacional da Non violencia e a Paz” iniciouse no ano 1964 e o seu promotor foi o poeta, educador e pacifista español  LLORENÇ VIDAL. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Celébrase todos os anos o 30 de xaneiro nas escolas de todo o mundo para conmemorar o aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, acadou a independencia da India, o seu país natal.



Humildemente me esforzaré
en amar,
en decir la verdad,
en ser honesto y puro,
en no poseer nada que no me sea necesario,
en ganarme el sueldo con el trabajo,
en estar atento siempre a lo que como y bebo,
en no tener nunca miedo,
en respetar las creencias de los demás,
en buscar siempre lo mejor para todos,
en ser un hermano para todos mis hermanos.(Mahatma Gandhi)



Para saber máis AQUÍ tedes as biografías dalgúns grandes personaxes que fixeron cousas importantes en favor da paz .

UNHA CANCIÓN PARA A PAZ




    
MÁIS CANCIÓNS DE PAZ









              UN CONTO PARA FACER A PAZ