martes, 3 de maio de 2016

2016

O 17 de maio os galegos estamos de festa, xa que celebramos o día das nosas letras, da nosa lingua. Desexamos que se siga festexando moitos anos máis!!!


Este ano dedicado a Manuel María

https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa

MANUEL MARÍA (Outeiro de Rei 1929- A Coruña 2004)

Este escritor foi un gran defensor da cultura galega e ademais un dos autores que publicou máis libros no noso idioma. Escribiu tanto para nenos coma para maiores. É autor de poesías, de ensaios, de obras de teatro e centos de artigos para xornais e revistas. Ademais foi membro da Real Academia Galega.
Ao longo da súa vida recibiu importantes premios e homenaxes, xa que foi moi valorado pola súa aportación á nosa literatura e á nosa cultura en xeral. Por todo isto, a Real Academia Galega, lle dedica o Día das Letras Galegas 2016.
...
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galiza 
en ti tes que atopala.
                                                                                    ("Galicia" de Manuel María)



Moitos dos poemas de Manuel María foron musicados por diferentes cantantes, convertíndose o escritor nun dos poetas galegos máis cantado de todos os tempos.
Aquí tedes algúns exemplos:

 
 
 
Información e actividades do SEMINARIO GALÁN 






mércores, 27 de abril de 2016

2 e 3 de maio

VISITA Á TORRE DE HÉRCULES
 
Na nosa cidade érguese un dos monumentos máis representativo da historia  galega de todos os tempos. É a Torre de Hércules, que está situada entre a ensenada do Orzán e o golfo Ártabro. Un edificio que dende hai centos de anos  leva guiado aos miles de barcos que  teñen entrado na cidade de A Coruña. É o faro máis antigo de Europa que aínda segue prestando servizo aos navegantes actuais. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 27 de xuño do ano 2009.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Torre_de_H%C3%A9rcules

Conta a lenda que Hércules, fillo de Zeus, venceu ao  xigante Xerión, que  gobernaba vilmente a comarca. Unha vez vencido decapitouno, e no lugar onde soterrou a cabeza construíu un túmulo sobre o que acendeu un facho. Neste lugar funda a ciudade, á que lle puxo o nome da primeira persoa que se achegou a el, que se chamaba Coruña.

http://www.turismoenxebre.com/2009_05_15_archive.html

xoves, 14 de abril de 2016






O día 23 de abril do ano 1616 morren os escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. É por este motivo que, esta data tan simbólica para a literatura universal, fora elexida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir homenaxe aos libros e aos seus autores e tamén para animar a todos a descubrir o pracer da lectura.
Este ano, ademais, coincide que se cumpren os 400 anos da morte dos autores xa citados.

Cervantes e Shakespeare tiveron unhas vidas bastante paralelas. Para saber máis sobre isto pinchade AQUÍ
 
Miguel de Cervantes Saavedra é o autor español máis importante e coñecido de todos os nosos escritores e súa obra máis lida en todo o mundo é "Don Quixote".

Estes son algúns enlaces para que  coñezades máis sobre este libro e os seus personaxes:

INFORMACIÓN E OUTRAS ACTIVIDADES

TRIVIAL

VÍDEO

DEBUXOS PARA COLOREAR

XOGO